Vilas, Felipe Arias and Ochoa, Carmen Fernández and Morillo, Ángel (2015) 20. : Torre de Hércules. Working Paper. University of Groningen.
Text
Brigantium20.pdf - Publishers version Restricted to RUG campus Download (25MB) |
Abstract
Máis aló das Columnas de Hércules situadas no Estreito de Xibraltar, os navegantes gregos entraban no descoñecido ande "o mar difúndese e dilátase" ó dicir de Heródoto, e ande as augas estaban sucadas de seres prodixiosos, e as súas illas e ribeiras cheas de inestimables riquezas minerais. Era confín do orbe da terra. A curiosidade dos nautas gregos foi capaz de abrir as portas do Atldnticus Oceanus ás diversas civilizacións que lles seguiron, estreando novas rutas para o posrerior comercio de fenicios e púnicos quen dobraron o Cabo de San Vicente e desprazáronse ata as esgrevias costas do setentrión galaico. Os romanos continuaron as exploracións do Atlántico movidos por razóns estratéxicas e económicas, transitando por este "mar exterior" ata alcanzar as rutas do mar do Norte. Foi, por tanto, baixo o poder de Roma cando o Atlántico se converteu nun espazo aberto a todas as correntes comerciais do novo Imperio, primeiro como consecuencia das conquistas de Aquitania e do Norte de Hispania por Cesar e Augusto e, lago, polo impulso que adquiriron estes mares, unha vez completada a ocupación efectiva de Britannia durante o reinado de Claudia, a mediados do primeiro século da Era. Neste ambiente de novas tránsitos e mercados, o Faro de Brigantium ergueuse como luz imprescindible para orientar a difícil navegación a través do xa sometido mare tenebrosum. A súa función de indicador e guía para o refuxio dos navegantes mantívose ó langa dos séculas e a súa impoñente e solitaria imaxe fronte ó mar converterao en fonte e sé de mitos e lendas así como en referencia indubidable e símbolo da cidade nacida ás súas costas. Outorgáronse diversos nomes a este faro ó langa do tempo ata que no século XVI se consolida como "Torre de Hércules" vinculado á lenda deste heroe grego na súa loita con Xerión. Máis aló da orixe e do símbolo, a Torre xogou un esencial papel orientador nas rutas marítimas como tránsito abrigado entre os portas do sur e do norte da Península Ibérica e nos circuítos internacionais desde o Medievo deica os nasos días. Para saber máis deste faro senlleiro, da súa relación con Brigantium e a Gallaecia por un lado e con outros guieiros similares de todo o Imperio Romano por outro, a Dirección xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte promoveu e organizou unha reunión científica nos primeiros días de xuño de 2008, nun tempo en que se viña de elaborar o completísimo dossier que apoiaba a solicitude de declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade e, neste sentido, aquela reunión científica, que tivo ademais un notable impacto público a xulgar polo número e interese dos asistentes, colaborou entón, como o fan agora estas Actas, nunha maior promoción e difusión da Torre a maiores dos aportes científicos que nesta publicación quedan reflectidos. Os participantes neste Simposio, a través das súas intervencións e dos debates nel celebrados, dan a coñecer moito máis a fondo a orixe e as peripecias deste senlleiro monumento, o seu transcendental valor histórico e a importancia do seu inigualable sinal escintilante -finis terrae lux- nos itinerarios atlánticos ó langa do tempo. A colaboración que durante a celebración do Simposio ofreceu o Concello da Coruña continúase agora, a través do Museo do Castelo de San Antón e grazas ao interese do seu director José Ma Bello, coa publicación das súas Actas como un volume monográfico da revista Brigantium, ca que se garante a súa máxima difusión nos ámbitos científicos e culturais vinculados ao tema arqueolóxico e histórico, o que expresamente é de agradecer por parte dos organizadores e dos coordinadores deste Simposio.
Item Type: | Monograph (Working Paper) |
---|---|
Uncontrolled Keywords: | Brigantium |
Volume: | 2009 |
Language: | Spanish |
Publisher: | University of Groningen |
Status: | Published |
Uncontrolled Keywords: | Brigantium |
Date Deposited: | 02 Jun 2020 10:42 |
Last Modified: | 02 Jun 2020 10:42 |
URI: | https://ebooks.ub.rug.nl/id/eprint/29 |
Actions (login required)
View Item |