Losada, Fermín Pérez and López, Begoña Bas and Ma Bello Diéguez, José (2002) 13. : Entre a cidade e a Aldea. Working Paper. University of Groningen.
Text
Brigantium13.pdf - Publishers version Restricted to RUG campus Download (47MB) |
Abstract
É para mín unha honra e máis un motivo de especial satisfacción ter a oportunidade de prologar esta obra de Fermín Pérez Losada. O título da mesma -"Entre a Cidade e a Aldea"- é tan amplo como suxerente, moi axeitado para a difusión dunha investigación arqueolóxica entre o gran público, complementado non obstante cun subtítulo específico que nos revela con claridade o seu contido: "Estudio arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia". Coñezo ó autor desde hai xa moitos anos cando era estudiante de Xeografía e Historia nesta universidade compostelá e, unha vez Licenciado, teño seguido de preto a súa traxectoria profesional, desenvolvida primeiro como bolseiro de investigación nas universidades de Santiago, Coimbra e Braga e despois como profesor de arqueoloxía na Facultade de Humanidades de Ourense, posto que ocupa na actualidade. Durante todo este tempo colaboramos en varias publicacións conxuntas e, especialmente, fún o director da súa Tese de Doutoramento, lida en Santiago no ano 2000 e merecidamente galardoada co Premio Extraordinario que outorga a Facultade. Xa que logo, estou en condicións de refrendar a valía de Fermín Pérez como arqueólogo e investigador, algo que, independentemente da miña opinión, resulta evidente para os que coñezan en detalle o seu amplo e completo curriculum, demasiado prolixo como para resumilo aquí. Sucintamente presentado o autor e os seus méritos, compre agora presentar máis polo miúdo este libro que, na miña opinión, representa a culminación desta primeira e fecunda fase investigadora. Está apoiado nun exhaustivo traballo previo de moitos anos de duración -deaí que os seus resultados sexan tan madu,ros e aquilatados- traballo que, por outra parte, tamén foi extremamente amplo e complexo, dado que o autor integra, coordena e interpreta nun único texto tódalas fontes de información disponibles (arqueoloxía, paisaxe, fontes literarias, epigrafía, etc.), caracterizadas precisamente pola súa disparidade e dispersión tanto no tempo como no espacio. O esforzo investido sen dúbida foi enorme, merecendo como recompensa alomenos a publicación da obra. [.....]
Item Type: | Monograph (Working Paper) |
---|---|
Uncontrolled Keywords: | Brigantium |
Volume: | 2002 |
Language: | Spanish |
Publisher: | University of Groningen |
Status: | Published |
Uncontrolled Keywords: | Brigantium |
Date Deposited: | 02 Jun 2020 10:43 |
Last Modified: | 02 Jun 2020 10:43 |
URI: | https://ebooks.ub.rug.nl/id/eprint/102 |
Actions (login required)
View Item |